Este paseo pola contorna do porto de Cedeira, e grazas ao Concello de Cedeira, lévanos a coñecer lugares cun salientable patrimonio xeolóxico, e mesmo a problemática que sofre a praia da Madalena. A deformación das rochas e a xeomorfoloxía mariña e fluvial serán os temas principais desta ruta. Pero tamén haberá tempo para visitar o xacemento arqueolóxico de Punta Sarridal, emprazado nunha zona dende onde se pode ollar toda a ría de Cedeira.
O percorrido ten unha dificultade media-baixa, aínda que é preciso levar un calzado cómodo.
Punto de inicio: Oficina de Turismo
Concello: Cedeira
Precio por persoa: 10 €
Duración: 3 horas
Distancia: 8 Km
Dificultade: Media-Baixa
Calendario de saídas 2023:
XULLO | AGOSTO | SETEMBRO |
---|---|---|
09 | 17 | – |