Esta ruta polo macizo do Limo, grazas á colaboración co Concello de Cariño, permitirá descubrir formacións rochosas moi singulares, que co paso do tempo adquiren formas sumamente curiosas e rechamantes. Isto unido a que o percorrido discorre polos cantís máis verticais da Serra da Capelada, farán desta visita xeolóxica unha oportunidade única para coñecer esta zona lindeira co corte costeiro de Herbeira, máis elevado pero menos pendente.
O percorrido ten unha dificultade media, polo que é preciso levar un calzado cómodo, son aconsellables pantalóns longos (hai treitos con toxo).
>
Punto de inicio: Miradoiro do Limo
Concello: Cariño
Precio por persoa: 10 €
Duración: 4 horas
Distancia: 7,5 Km
Dificultade: Media
Calendario de saídas 2023:
XULLO | AGOSTO | SETEMBRO |
---|---|---|
02, 08 e 18 | 04, 20 e 29 | 10 (cancelada) |