Logo Xeoparque Unesco
bandera-es
bandera-en

Xeorruta do Granate

A xeorruta do Granate, posible grazas á colaboración co Concello de Cedeira, discorre por un pequeno sendeiro de pescadores dende o Santuario de Santo André ata a enseada das Cortes, onde se observa unha ampla variedade de rochas moi rechamantes tanto pola súa cor como pola súa textura, así como un salientable número de estruturas xeolóxicas, que poñen de manifesto a intensa deformación que afectou a esta rexión hai 350 millóns de anos. Esta ruta xeolóxica permitirá descubrir unha das zonas máis descoñecidas do litoral de Cedeira.

O percorrido ten unha dificultade alta, debido a presenza de tramos con pedra solta, polo que é preciso levar un calzado con bastante debuxo na suela e a poder ser que protexa os nocellos. O remate estimado da actividade será ás 16:00 h., polo que hai que levar comida e bebida.

Punto de inicio: Aparcadoiro de Santo André Concello: Cedeira Precio por persoa: 10 €
Duración: 6 horas Distancia: 5 Km Dificultade: Alta

Calendario de saídas 2023:

XULLO AGOSTO SETEMBRO
07 06 03

Sitio implementado por GNOMIOAviso LegalPolítica de Cookies