Nesta ruta, grazas á colaboración co Concello de Cedeira, percorreranse os cantís máis elevados da Europa continental, unha vista privilexiada para contemplar o litoral entre Teixido e a Punta do Cadro. Unha zona que xeolóxicamente destaca pola presenza de rochas moi pouco habituais na superficie do noso planeta. Asociadas a elas foron descubertas acumulacións de minerais de cromo e platino. Pero esta visita guiada permite ollar tamén a presenza dunha salientable falla que corta toda a Serra da Capelada.
O percorrido ten unha dificultade media, aínda que é aconsellable levar un calzado cómodo.
Punto de inicio: Cruceiro de Teixidelo
Concello: Cedeira
Precio por persoa: 10 €
Duración: 4 horas
Distancia: 7 Km
Dificultade: Media
Calendario de saídas 2023:
XULLO | AGOSTO | SETEMBRO |
---|---|---|
16 | 20 e 29 | – |