¿Unha praia única en Galicia? Esta ruta xeolóxica, posible grazas á colaboración co Concello de Cedeira, permite coñecer a que está considerada como a única praia de area negra non volcánica do noso planeta. Pero, sen dúbida, o emprazamento desta praia de Teixidelo -aos pés dos cantís máis altos da Europa continental- fan desta zona un lugar de paisaxes incribles e cheo de contrastes. Ao longo da ruta tamén poderán ollarse a fervenza ou a falla de Teixidelo, unha estrutura xeolóxica que discorre por un fermoso val de orixe glaciar.
O percorrido ten unha dificultade alta, debido a presenza de tramos con pedra solta e con certa pendente, polo que é preciso levar un calzado con bastante debuxo na suela e a poder ser que protexa os nocellos. O remate estimado da actividade será ás 16:00, polo que hai que levar comida e bebida.
Punto de inicio: Cruceiro de Teixidelo
Concello: Cedeira
Precio por persoa: 10 €
Duración: 6 horas
Distancia: 6 Km
Dificultade: Alta
Calendario de saídas 2023:
XULLO | AGOSTO | SETEMBRO |
---|---|---|
01, 04, 15, 20 e 30 | 02, 11, 19 e 27 | 08 (cancelada) |