Logo Xeoparque Unesco
bandera-es
bandera-en

Xeorruta das Pías

Este percorrido xeolóxico discorre por dúas zonas, na contorna do Castelo de Naraío e na parte alta da Serra do Forgoselo, e é posible grazas á colaboración co Concello de San Sadurniño. Na primeira visitarase o val estrutural do Río Castro onde se pode ollar o contacto de rochas graníticas con antigos sedimentos, agora transformados en lousas, pero tamén a formación das pías orixinadas pola erosión fluvial. Pola súa banda dende a Serra do Forgoselo terase unha excepcional vista panorámica dende as Illas Sisargas ata a Serra do Xistral, pero sen dúbida, as formas graníticas (bolos, pías, acanaladuras ou tafonis) son as verdadeiras protagonistas, polo que aquí poderase descubrir cal é a súa orixe e evolución xeolóxica. O percorrido ten unha dificultade baixa, aínda que é aconsellable levar un calzado cómodo. O desprazamento entre as distintas paradas realizarase en coches particulares.
Punto de inicio: Castelo de Naraío Concello: San Sadurniño Precio por persoa: 10 €
Duración: 4 horas Distancia: 4 Km Dificultade: Baixa

Calendario de saídas 2023:

XULLO AGOSTO SETEMBRO
22 13 e 26 09 (cancelada)

Sitio implementado por GNOMIOAviso LegalPolítica de Cookies