De grande interese arquitectónico, o casco histórico alberga edificacións de grande importancia como o Teatro da Beneficiencia do século XIX, a igrexa conventual e convento Dominico construido no s.XIV e o fermoso antigo mercado de mediados do s.XX. Destacar tamén o barrio do Ponto e a rúa Real, con fachadas modernistas. Camiñando cara ao cúmio da vila pódese visitar o muíño de vento de Campo da Torre, construido en 1888 sobre un antigo poboado castrexo. Tamén alí e desa mesma época atopamos o espectacular cemiterio, cunhas impoñentes vistas sobre a ría.