Xornada inestable sobre todo a primeiras e derradeiras horas. Temos o paso dunha fronte na noite do venres o sábado e outra a derradeiras horas do sábado. As temperaturas sen grandes cambios pero con tendencia a subir. Baixan na noite do sábado e domingo. Ventos do suroeste moderados con algún refacho forte. No mar algo de mar de vento con algo de onda, pouca cousa e mellor que resto da semana.
Domingo non deberá chover moito e luns penso que toca xornada de descanso, martes volve outra fronte.
Moi bo sábado a todxs!
