Venres 20 de novembro

Continuamos con inestabilidade, aínda que algo menos acusada. Podemos ter algún chuvasco disperso pero pouco importante, será dende a tardiña cando empeore e chegue unha nova fronte na noite con precipitacións. O vento non será moi destacado sendo, xunto con domingo, as xornadas con menos intensidade da semana. As temperaturas recuperan algo e no mar tamén toca algo mellor, non moito, pero teremos menos vento e ondas que como moito chegan os 4 metros.

O sábado toca xornada inestable, despois da fronte da noite do venres, volve algo de vento e outra fronte a tarde con máis choiva. domingo será unha xornada de chuvascos.

No que levamos de semana xa superamos os 100litros por metro cadrado e xa se vai notando en todo!

Moi bo venres e fin de semana a todxs!