Toca xornada de chuvascos, máis frecuentes e importantes na mañá pero sen descartalos en calquera momento, algún de certa intensidade e temperaturas en descenso, sensación de frío. Os ventos van indo algo a menos, sen parar pero nada que ver con e estas xornadas. No mar continuamos con temporal, vento forte e ondas significativas.
O venres algo de tranquilidade, non moita que chega unha fronte activa na noite e un sábado tranquilo por momentos, pero con aumento do vento e outra fronte afectando a derradeiras horas da tarde.
Moi bo xoves a todxs!
