Toca xornada de nubes e claros coa posibilidade dalgún chuvasco de pouca importancia, os ventos serán do sueste aumentando de intensidade durante a tarde e noite, notándose máis na zona costeira atlántica. As temperaturas mínimas soben e as máximas sen grandes cambios. No mar irá aumentando o vento empeorando algo a situación, nada destacado.
Na vindeira semana toca inestabilidade traducida en choiva que irá chegando, tamén teremos algo de vento e temperaturas suaves. Penso que é o cambio definitivo e será a despedida desta seca extraordinaria na nosa rexión, pero con calma que moito ten que caer e as cousas aínda poden torcerse, pero realmente…non creo que se torzan.
Moi bo domingo a todxs!
