A seca continúa, o vento do nordeste destes días agrava a situación. Parece que dende venres teremos unhas xornadas con choiva e incluso con frontes activas que reguen ben. Iso non acabara coa seca, pero pode ser un bo comezo. Iremos vendo…
Toca un día de aumento das nubes coa posibilidade dalgunha precipitación, máis probable no leste. As temperaturas descenden, o vento continúa do nordeste pero con menos forza e tende a remitir cara a noite. No mar seguimos con máis vento no oeste do territorio e tende a remitir na noite.
Moi bo martes a todxs!
