Domingo 1 de novembro

Comezamos mes con nubes e claros, máis nubes no leste e ventos do nordeste moderados, sendo máis intensos no oeste do territorio. As temperaturas comezan un descenso que será moi notable na vindeira semana. No mar aumenta o vento, con peor situación na zona Atlántica pero sen ser nada destacado. Toca semana fresquiña pero non creo que sexa de moita auga, algunha gota pode caer dende martes e veremos na vindeira fin de semana se chega algunha fronte.

Moi bo domingo a todxs!