Despois do paso da fronte do martes toca recuperación, mais nubes na mañá e menos na tarde, ventos do leste moderados que xiran a suroeste na noite. As temperaturas máximas soben e as mínimas descenden. No mar a situación vai a mellor con menos vento e menos mar de fondo. Parece que o resto da semana non choverá e incluso na vindeira semana non se ve moita auga, veremos como vai evolucionando pero non da chegado a auga tan necesaria. Hai fontes que levan secas máis de 3 meses, algo moi excepcional no noso territorio. Agardo que o novo mes se porte, pero de momento non pinta…
Moi bo mércores a todxs!
