Perdemos momentaneamente a influenza do anticiclón e chega unha fronte con choivas que tenden a desaparecer na tarde, de feito pouca ou nada caerá na tarde. Na mañá algo acumularemos pero nada, a falta que fai. As temperaturas descenden de xeito notable e os ventos, primeiro do suroeste moderados e logo do norte frouxos. No mar empeora, a pesares de que o vento vai a menos, o mar de fondo aumenta con ondas superando os 4 metros na costa atlántica. Dende mércores volve a tranquilidade con suba de temperaturas, notable nalgunha xornada e sen choiva.
Moi bo martes a todxs!
