Teremos unha xornada de ventos do suroeste, que irán aumentando de intensidade e acadando algún refacho forte a derradeiras horas, nada do outro mundo, bastante normaliño. Nubes e claro con aumento das nubes na tarde e chegada de precipitacións na noite, unha fronte pouca activa atravésanos. As temperaturas soben, sobre todo as máximas, nas mínimas non se nota xa que noite foi bastante fría. No mar irá empeorando co aumento do vento e achegada de algo de mar de fondo. Nas vindeiras xornadas toca un tempo semellante, xoves formase unha borrasca potente no sur das illas británicas deixando vento e algo de choiva na noite. Iremos vendo.
Moi bo martes a todxs!
