Domingo 18 de outubro

Continuamos con circulación moi marcada de nordés, así os ventos continúan intensos e as temperaturas fresquiñas, pode chuviscar algo, sobre todo no leste e zonas altas, sen ser gran cousa. No mar continuamos con bastante vento, sobre todo na zona Atlántica e xa sen nada de mar de fondo. Luns parece que continuamos semellante e martes na noite chega unha fronte con precipitacións moderadas en todo o territorio.

Moi bo domingo a todxs!