Durante o venres aumenta a nubosidade chegando precipitacións na tarde e sobre todo na noite. As temperaturas comezan a baixar e os ventos aumentan de intensidade, sendo do nordés, forte durante a noite. Sábado continuamos con inestabilidade, precipitacións mais probables na mañá e ventos do nordés intensos e fríos. As temperaturas baixan notablemente. No mar empeora coa chegada da fronte dende mediodía, precipitacións con ventos e mala visibilidade.
Moi bo venres a todxs!
