Xoves 15 de outubro

Comezamos xornada con néboas costeiras que tenden a r desaparecendo quedando unha tarde de nubes e claros. As temperaturas máximas descenden e os ventos serán do suroeste frouxos. No mar teremos algo de mar de fondo con ondas entre 2 e 3 metros. Durante o venres toca cambio de situación, chega unha fronte con choiva e tras ela entrada de nordeste fresca e húmida. Seguramente dende luns volve a tranquilidade pero non o teño moi claro.

Moi bo xoves a todxs!