Sábado 26 de setembro

Toca xornada de nubes e claros con aumento das nubes durante a noite, as temperaturas soben algo e os ventos serán do leste frouxos xirando a derradeiras horas o suroeste. Os cambios irán chegando pouco a pouco e domingo xa teremos precipitacións. No mar continuamos con tranquilidade que tamén se ira perdendo no comezo da vindeira semana. Durante o martes formase unha borrasca importante o norte da nosa rexión que deixará choiva, vento intenso e un empeoramento no mar. Parece que os seus efectos pronto pasaran e dende xoves volveremos a tranquilidade, pero ata iso teremos unhas cantas xornadas inestables que algo sumaran.

Moi bo sábado a todxs!