Xoves 24 de setembro

A situación non muda moito pero si teremos grandes matices. Na zona do oeste (Valdoviño, Moeche, San Sadurniño, gran parte de Cedeira e de Cerdido) irán entrando néboas co paso das horas, sobre todo na tarde-noite, así as temperaturas descenden. Mentres no territorio restante, no lado do leste, as temperaturas soben e as néboas non chegan ata a noite, así será unha xornada moi cálida con valores próximos os 30ºC. Os ventos mudan de dirección, ese a clave na chegada desas néboas que son humidade mariña, serán de compoñente oeste frouxos. No mar teremos peor situación no oeste debido a perda de visibilidade. Dende sábado chegan cambios, e parece que teremos algunha precipitación domingo e no comezo da vindeira semana, así como unha normalización das temperaturas.

Moi bo xoves a todxs!