Comezamos semana que promete ser cálida e seca, pode que na vindeira fin de semana chova algo, non se ve gran cousa. Durante o luns teremos unha nova suba de temperaturas con valores realmente altos para as datas, 30ºC no oeste do territorio e 25ºC no leste e zonas mais altas. Os ventos serán do nordés moderados, con mais intensidade nas zonas altas e zonas costeiras do oeste. No mar continuamos sen moitos sobresaltos pero con ventos do nordeste molestos.
Moi bo luns a todxs!
