Toca unha xornada de nubes e claros e posibilidade dalgún chuvasco, máis probable a primeiras horas e sobre todo na noite. As temperaturas non terán grandes cambios e os ventos serán do norte/noroeste frouxos. No mar continuamos con tranquilidade. Pensei que mércores chovería algo na tarde e o final…pouco ou nada caeu. Dende venres volve o anticiclón a gañar terreo e a chegar aire cálido do sur.
Moi bo xoves a todxs!
