Hoxe toca unha xornada de nubes e claros e algún chuvasco, máis probable e frecuente durante a tarde. O sol tamén se deixará ver e as temperaturas novamente descenden, pero nada que ver co descendo de onte, de luns a martes nalgunhas zonas o descenso foi próximo os 15ºC. Os ventos serán do nordés moderados. No mar tranquilidade con algo de onda na maña e mellor na tarde-noite. Xoves aínda pode chover algo a primeiras horas e despois na noite con outra fronte moi desfeita. Dende venres a mediodía toca sol e suba de temperaturas, teremos outra tempada seca e de temperaturas moi altas.
Moi bo mércores a todxs!!
