Chegan cambios coa entrada de ventos do norte que arrastran unha masa de aire mais fría e húmida, así co paso das horas chegara algunha precipitación, sobre todo na tarde e na noite, non será moito pero si un pequeno alivio. As temperaturas baixan bastante, En moitas zonas a diferenza será de mais de 10ºC. Os ventos serán frouxos do norte e no mar continuamos con tranquilidade, algo menos de visibilidade sobre todo na tarde. Mércores aínda podemos ter algún chuvasco pero a tendencia e a mellorar, temperaturas contidas. Isto será moi pasaxeiro e pronto volve o anticiclón a asentarse e deixar sol e calor. Setembro, contra todo o que me parecía, quedará como moi seco e extremadamente cálido…
Moi bo martes a todxs!
