A situación muda algo cos cambios de vento. A humidade e nubosidade será máis abundante no leste do territorio, nesas zonas algún orballo pequeno caerá durante a maña, pouca cousa. Na tarde tende a ir algo a menos a nubosidade, aínda que non de todo, teremos máis momentos de sol no oeste do territorio. As temperaturas con pequenos descensos e os ventos do norte-nordeste frouxos. No mar tranquilidade.
O anticiclón irá gañando posición e unha masa cálida chega nos vindeiros días, o xoves notaremos un suba importante nas temperaturas.
Moi bo martes a todxs!
