Continuamos baixo a influencia dos ventos do suroeste con abondosa nubosidade e algún chuvasco, o contrario do xoves parece que serán máis probables durante a primeira parte da xornada. As temperaturas tenden a subir e os ventos serán moderados con algún intervalo forte, sobre todo nas zonas de costa e zonas mais altas do Xeoparque. No mar entrou algo de onda e tamén temos máis vento. Na fin de semana tende a ir mellorando pouco a pouco e a vindeira semana pinta tranquila, iremos vendo!
Moi bo venres a todxs!
