Toca xornada inestable debido a unha borrasca que temos preto e tamén a entrada dunha masa fría e húmida. Así teremos os ceos con bastante nubosidade e precipitacións en toda a rexión, serán mais importantes durante a tarde. Os ventos serán do suroeste moderados e as temperaturas descenden, quedando baixas para as datas que estamos. No mar toca tranquilidade pero entrando algo de onda na noite.
Moi bo xoves a tods!!!