Gastronomía e Receitas
A gastronomía do Xeoparque Cabo Ortegal constitúe un dos alicerces fundamentais da súa identidade e do seu patrimonio. A singularidade xeolóxica e climática deste territorio favorece unha produción agroalimentaria de alta calidade que une de forma indisoluble a terra e o mar.
A diversidade e a xestión sostible dos recursos locais evidéncianse nesta selección de produtos estratéxicos e elaboracións tradicionais. Do litoral salvaxe e do mar proveñen os percebes obtido nos cantís máis expostos; as cadeluchas propias dos areais abertos; e os berberechos cos que elaborar a tradicional receita tradicional dos berberechos á cariñesa. Todos eles son produtos extraídos a través do marisqueo artesanal regulado.
No ámbito da produción gandeira do interior rural salienta a tenreira da Capelada, criada en réxime extensivo nos pastos atlánticos. Así mesmo, nesta contorna elabórase o queixo de Moeche, un derivado lácteo artesanal que vertebra a economía agraria do interior do Xeoparque.
Pola súa parte, chanfaina e a torta de Ortigueira representan un valioso patrimonio etnográfico e culinario tradicional. A primeira é unha mostra da cociña de aproveitamento de interior, mentres que a segunda constitúe unha representación da repostería histórica local cuxo proceso artesanal se basea no uso de ingredientes de proximidade como a cabaza.
Neste apartado tes acceso ás receitas e os vídeos temáticos que poñen de manifesto a importancia do sector primario —mariscadoras, pescadores, gandeiros e artesáns— como garante da conservación da paisaxe, da sostibilidade ambiental e da continuidade da identidade culinaria de Cabo Ortegal.