Educación
Material educativo
Escola primaria
Unha viaxe ás paisaxes submarinas do Xeoparque Cabo Ortegal, proxecto impulsado pola Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal para a obtención das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) e a Consellería do Mar, xestionadas polo GALP A Mariña – Ortegal

Proxecto de investigación para o alumnado de sexto de primaria, 1º e 2º ciclos da ESO, materiais financiadoa con cargo ao Convenio de colaboración da Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal coa Excma. Deputación Provincial da Coruña, e a través do cal se instrumenta unha subvención nominativa para o cofinanciamento do proxecto “Actividades Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal“
Solicitude de visita
O Xeoparque Mundial da UNESCO de Cabo Ortegal ofrece visitas guiadas pola zona. Simplemente enche o formulario a continuación e poñerémonos en contacto contigo nuns días. Ligazón: Aquí
Olimpíada de Xeoloxía
Desde 2024, o Xeoparque de Cabo Ortegal é a sede permanente da Olimpíada de Xeoloxía coordinada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra). Esta iniciativa educativa ten como obxectivo que o alumnado de ESO e Bacharelato de distintos centros da provincia da Coruña e Lugo participe nas probas teóricas e prácticas que habiliten para a clasificación nas edicións estatal e internacional. Unha xornada intensa que serve de escaparate do Xeoparque e do seu patrimonio xeolóxico entre os máis novos. Consulta as diferentes edicións realizadas ata o momento. Ano 2024 , Ano 2025 , Ano 2026 .