Domingo 25 de Outubro

Temos o roce dunha pequena fronte que deixará unha xornada de moitas nubes e orballos que serán mais frecuentes e probables no oeste e zonas altas do territorio. As temperaturas mínimas soben notablemente e as máximas soben algo. Os ventos continúan do suroeste e irán perdendo intensidade. No mar continuamos con vento que vai a menos así como o mar de fondo, a visibilidade mais reducida no oeste por mor dos orballos. Luns toca xornada tranquila, sol e temperaturas altas para as datas, martes unha pequena fronte deixará precipitacións e descenso notable de temperaturas.

Moi bo domingo a todxs!