Toca xornada de moita calor e moito sol, na noite entran nubes e algunha néboa. As temperaturas soben sobre todo no leste da rexión, no resto tamén pero non será tan destacado, valores por riba dos 30 grados e incluso dos 35 nalgún punto. Os ventos serán frouxos, a primeiras horas do nordeste, xirando o oeste co paso das horas. No mar tranquilidade e xa sen vento. A seca que vivimos é moi importante, moitas fontes e regatos están secando e moita vida dependente delas morre ou chégalle moito. Veremos como evoluciona todo, martes e mércores algo chove, non moito, e despois novamente anticiclón uns cantos días…
moi bo día a todxs!!!
