Seguimos coa mesma situación que onte e toca unha xornada de bastante sol e suba de temperaturas, non moi acusada xa que o vento aumenta de intensidade, así teremos ventos algo intensos do nordeste, serán mais salientables nas zonas costeiras e altas. No mar tranquilidade pero con bastante vento que complica un pouco a cousa, non moito pero si algo. Domingo será semellante, pero con mais calor e luns será un día de moita calor e xa sen vento.
Moi bo sábado e fin de semana a todxs!
