O anticiclón gaña espazo e a circulación do nordeste cobra protagonismo. Así teremos máis nubes no leste durante a mañá con abundantes claros na tarde, poden caer dúas gotas nas zonas máis altas do leste pero sen ningunha importancia e a primeiras horas. As temperaturas sen grandes cambios ou con lixeiras subas nas mínimas. Os ventos serán do nordés con intervalos moderados. Na fin de semana toca tempo tranquilo con bastante sol e algo de nordeste, as temperaturas soben sendo moi destacada a suba durante o luns, valores novamente próximos os 30ºC
Moi bo venres a todxs!
