Despois da xornada outonal vivida o martes, que por certo, deu moita vida, toca recuperación. Pode caer algún pequeno chuvasco durante a mañá pero en xeral xornada de nubes e claros. As temperaturas mínimas descenden e as máximas sen grandes cambios ou pequenos ascensos. Ventos do nordeste moderados. No mar algo de vento pero tranquilidade en xeral. Xoves e venres con nubes podendo caer algún orballo venres, pero sen importancia. Xa irei informando.
Moi bo día a todxs!
