Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

Martes 8 de setembro

Hoxe temos a entrada dunha fronte activa, incluso me atrevería a chamarlle a primeira fronte do outono. Teremos precipitacións que comezan polo oeste do territorio estendéndose por todo e sendo persistentes durante unhas cantas horas, penso que entre as 11h e as 15h será o momento que nos cruce a fronte, como xa dixen no oeste comeza antes e acaba antes, no leste un pouco máis tarde. Teremos ventos moderados do suroeste que co paso da fronte xiran a norte quedando algún chuvasco intermitente. As temperaturas máximas sofren un acusado descenso, as mínimas sen grandes cambios. No mar empeora algo pero nada destacado. O mércores xa mellora e non creo que chova, pode caer algo, máis probable no leste pero moi pouco importante.

Moi bo martes a todxs!