Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

Luns 7 de setembro

Comezamos xornada con bastante nubosidade e algún orballo sobre todo no oeste do territorio, temos unha fronte moi desfeita na costa. Durante a tarde volve o sol e con temperaturas moi agradables. Os ventos serán frouxos e variables, comezando do suroeste, logo noroeste e volvendo o suroeste a derradeiras horas. No mar continuamos con tranquilidade. Será durante o martes cando nos toque unha fronte mais activa, con choiva moderada unhas cantas horas, moi necesaria para todo que a seca é moi importante.

Moi bo luns a todxs e feliz semana!