Despois da suba de temperaturas do xoves, hoxe notaremos un pequeno descenso, entra algo de brétema costeira e néboas, sobre todo nas primeiras e derradeiras horas do día. Seguiremos con tranquilidade e ventos frouxiños do nordeste. O sábado notaremos outra suba de temperaturas con valores moi altos, incluso superando os valores do xoves pero tamén medra algunha nube na tarde, e non descarto algo de tronada, iremos vendo!
Moi bo venres a tods!
