Hoxe toca un día caloroso de verán, chega unha masa de aire cálido que nos vai acompañar nos vindeiros 3 días. Teremos algunha nube alta pero en xeral predomina o sol en todo o territorio e cunha suba moi destacada das temperaturas. Superaremos os 25 grados en todos os puntos e incluso os 30 nalgunha zona. Os ventos serán frouxos do nordeste e a situación no mar será tranquila.
Moi bo xoves a todxs!!
