Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

Luns 31 de agosto

Hoxe toca xornada semellante a de onte, máis nubes na mañá e sobre todo no oeste do territorio, así como nas zonas máis altas, co paso das horas van a menos. As temperaturas seguen sen grandes cambios e os ventos frouxiños de compoñente variable. As masas húmidas do Atlántico están preto e o anticiclón loita por gañar a partida que xa ten gañada. Toca semana tranquila e con suba de temperaturas, destacada na segunda metade.

Desculpade pola tardanza da predición de hoxe, pero onte na madrugada non funcionaba a Web.

Moi bo luns e semana a todxs!!