Comezamos a xornada con nubosidade abundante, máis compacta no oeste, e con tendencia a ir a menos. Na tarde agardo nubes e claros, con máis claros no leste. Na noite volverán aumentar as nubes sen descartar algún orballo. Os ventos serán frouxos con algún intervalo moderado e as temperaturas non terán grandes cambios ou subirán lixeiramente.
Moi bo domingo a todxs!
