Grazas á colaboración co Concello de Valdoviño, neste percorrido polo litoral, entre Pantín e Valdoviño, atoparemos salientables estruturas xeolóxicas, como a Falla de Valdoviño (que se estende ata Monforte de Lemos), ou os materiais do chamado Complexo de Cabo Ortegal. É dicir, rochas que formaban parte dun antigo océano e que habitualmente non aparecen na superficie da Terra. Do mesmo xeito visitaranse os restos dun vulcanismo explosivo na praia de Pantín, ou a excelente vista panorámica dun dos sistemas dunares máis importantes do noroeste peninsular, o da Frouxeira.
O percorrido ten unha dificultade baixa, aínda que é aconsellable levar un calzado cómodo. O desprazamento entre as distintas paradas realizarase en coches particulares.
Punto de inicio: Miradoiro do Paraño
Concello: Valdoviño
Precio por persoa: 10 €
Duración: 3 horas
Distancia: 4 Km
Dificultade: Baixa
Calendario de saídas 2023:
XULLO | AGOSTO | SETEMBRO |
---|---|---|
13 | 17 | – |