Destaca o seu conxunto singular de vivendas de estilo mariñeiro galego, de cores vivas, moitas delas con galerías. Próximo á Praia da Concha, onde antiguamente varaban os barcos, as súas estreitas rúas levan ata prazas como a da Porta da Pulida, a Praza da Mariña ou das Cadeas coa súa Fonte da Vila e a estatua na honra ó mariñeiro, rodeada de cadeas de áncoras de barcos.