Logo Xeoparque Unesco
ES  EN

Garita de Herbeira (Cedeira)

Estamos ante un dos lugares máis espectaculares do Xeoparque, sobre os cantís máis elevados da Europa continental. Construída en 1805 para a vixilancia costeira e restaurada en 2004, segue a ofrecernos unha das vistas máis inesquecibles do territorio. Ós seus pés, os cantís de Herbeira, cunha elevación de aproximadamente de 620 metros sobre o nivel do mar e un desnivel próximo ó 80%, agasállanos cunhas vistas das puntas da Robaliceira e Tarroiba, e no horizonte, toda a inmensidade do Atlántico.

Sitio implementado por GNOMIOAviso LegalPolítica de Cookies