Logo Xeoparque Unesco
ES  EN

Recursos

Recursos

Material científico e divulgativo

O Xeoparque Cabo Ortegal é obxeto de estudo xa dende o século XIX, coa presenza da cartografía do Complexo de Cabo Ortegal no libro “Descripción Geognóstica del Reino de Galicia” de Guillermo Schulz, no ano 1834, representando un dos primeiros mapas xeolóxicos publicados en España. Ata hoxe, podemos dicir que este complexo xeolóxico foi, e segue sendo, un dos máis estudados de toda a Península Ibérica, con multitude de teses doutorais, centos de publicacións científicas e numerosas visitas de estudos cada ano. Aquí recollemos algunhas das principais publicacións realizadas ata o momento sobre o incrible Complexo Alóctono de Cabo Ortegal. 

XeoClip en Youtube

Publicación de materiais escolares e didácticos elaborados polo profesor Xacobo de Toro e persoas colaboradoras.

A ciencia e a educación son dous dos piares de todos os Xeoparques Mundiais da UNESCO. O Xeoparque Cabo Ortegal pon a disposición de todos os centros que así o desexen o acceso a 3 unidades didácticas, orientadas aos cursos de 6º de primaria, 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, como proxectos de investigación que xiran en torno á riqueza patrimonial deste territorio, concretamente dende a perspectiva das materias de Xeoloxía e Bioloxía.

Mapa tectónico de Galicia de Isidro Parga Pondal (1958)

Cada unha destas unidades están abertas á todo o alumnado e profesorado que desexe empregalas, debendo de poñerse estos últimos en contacto coa asociación para solicitar o acceso ó material exclusivo para docentes enviando un correo electrónico coa solicitude á dirección xestionaxco@gmail.com

Material educativo

PRIMARIA

ESO

Repositorio

MAPAS

GUÍAS DE CAMPO

TESES DOCTORAIS

OUTROS

ARTIGOS E PUBLICACIÓNS

Sitio implementado por GNOMIOAviso LegalPolítica de Cookies