Esta fortaleza do século XIV, excepcionalmente conservada, foi testemuña de sublevacións, incendios e traballos forzados. Durante un tempo funcionou como cárcere, mais hoxe alberga o Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas, recentemente reformado e con multitude de paneis e información en varios idiomas sobre este movemento de trascendental historia para o territorio, ofrecendo en perídos concretos visitas guiadas. Conta ademáis cunha sala adicada ao Xeoparque Cabo Ortegal. Ademáis, cada ano é escenario do Festival Irmandiño, que reivindica este feito surxido no s.XV.