Este impresionante castelo medieval remóntase polo menos ao s.XIV (aínda que podería datar do século XII segundo recentes investigacións) vinculado á casa dos Andrade, a familia feudal desta bisbarra, levántase sobre unha rocha a 400 m de altitude, nas inmediacións do río Castro, aproveitando estes dous recursos como defensas naturais. Declarado Ben de Interese Cultural, conserva a torre da homenaxe, un alxibe e murallas en dous niveis, coas portas de acceso formadas por arcos de medio punto e pasadizos abovedados. A escasos minutos a pé, o río Castro forma unha preciosa fervenza de 6 m.