Logo Xeoparque Unesco
ES  EN

Miradoiro Punta Sarridal

Punta Sarridal foi un enclave de gran valor estratéxico e defensivo da ría e da vila de Cedeira xa dende a época castrexa. A través dun agradable camiño que bordea este saliente rochoso, pasando polo Castro de Sarridal, chegaremos a zona do miradoiro, dende onde poderemos contemplar Punta Sarridal e Punta Robaleira, a praia de Vilarrube e Punta Chirlateira, xa na bocana da ría de Cedeira. Nesta península de Sarridal atópase a cala Sonreiras, considerada unha das máis fermosas de toda a comarca.

Sitio implementado por GNOMIOAviso LegalPolítica de Cookies