Estamos ante un dos puntos máis emblemáticos do Xeoparque. Trátase dun faro moderno, construido en 1984 pero cun alto valor sentimental para todas as xentes deste lugar. Atópase no cabo homónimo, declarado Lugar de Interese Comunitario e dentro do Geosite do Complexo de Cabo Ortegal. Dende aquí podemos albistar a Punta dos Aguillóns e o afloramento máis grande do mundo de ecloxitas. Tamén aquí, os percebeiros extraen uns dos percebes mellor considerados de Galicia (e do mundo), nados nunhas augas osixenadas polo continuo bater do mar contra as rochas.