O santuario de Santo André de Teixido é un dos máis coñecidos de Galicia e ocupa o segundo lugar en importancia polo número de peregrinos que a visitan, unicamente por detrás da catedral de Santiago. É por iso que son múltiples os camiños que cruzan Galicia para achegarse a esta pequena localidade, así como o modo de facelo: a pé, en bicicleta, en vehículo… A ermida e a paisaxe que nos atopamos ata chegar a ela (en metade da serra da Capelada) merecen unha visita sosegada, deixándonos levar e invadir da súa riqueza paisaxística e a tranquilidade e espiritualidade que a rodea.
No seguinte mapa poderás ver os percorridos dos itinerarios, cun resumo das principais características de cada un deles.